WambreeEntrar ou crear contaAbrir a app

O que preguntarías antes de dicir que si

Sen letra pequena, tamén cando a resposta é «aínda non».

Diñeiro

O primeiro que hai que ter claro.

Teño que pagar?

Por estar, non. A ficha é de balde: fotos, datos, eventos e o selo «Mantido polo local». Hai dous plans de pago, aínda sen contratar, para quen queira máis cifras ou máis presenza en Explorar. Son opcionais.

Hai comisións por cliente ou por reserva?

Non. Wambree non xestiona reservas nin cobros, así que non hai comensal, entrada nin praza sobre a que cobrarche nada. O grupo págache a ti, coma sempre.

Canto custan os plans de pago?

Sobremesa, 29 € ao mes, e En cartel, 79 € ao mes, sen IVE. Aínda non se poden contratar: se che interesan, reserva sitio e avisámoste.

Vaisme traer clientes?

Non cho podemos garantir. Wambree está empezando e non imos darche cifras de uso que non poidamos ensinar. O que si fai é poñer o teu local entre as opcións cando a un grupo lle encaixa. Por iso estar é de balde: próbalo sen arriscar nada.

Teño que facer descontos?

Non. As ofertas serán unha opción para quen queira. A túa ficha funciona igual sen elas.

Pagar colócame mellor?

Non cando un grupo busca sitio: esa orde sae dos traxectos e do que precisa cada persoa, e ningún plan a cambia. A promoción só existirá en Explorar, nun oco á parte co rótulo «Promocionado».

O teu tempo

Canto che vai quitar do outro.

Canto traballo me vai dar?

A alta son catro preguntas: como se chama, onde está, que é e como o sabes. O demais énchelo cando teñas un oco, e o que deixas a medias queda gardado no móbil. Despois, só tocas algo cando cambia: un horario, un evento, unha foto.

Preciso instalar algo ou un ordenador?

Non. Faise desde o navegador do móbil, cunha conta de Wambree e un código de acceso.

Como consigo o código?

Escríbesnos co nome do teu local e mandámoscho. Úsase unha vez e caduca, así que se se che pasa, pide outro.

Canto tarda en publicarse?

Mírao unha persoa antes de saír e non che imos dar un prazo que non poidamos cumprir. En «As miñas achegas» ves como vai e avisámoste por correo.

Vou ter que contestar a clientes ou recensións?

Non. Wambree non ten chat nin recensións públicas, e ninguén che vai escribir por aquí. Ti decides cando entras.

A túa ficha e as túas fotos

Que sae, quen o pon e de quen é.

O meu negocio non é un bar, sérveme?

Depende de que sexa. Hai categorías para restaurantes, bares, cafetarías, cines, teatros, salas de concertos, rocódromos, boleras, recreativos e escape rooms. Para obradoiros ou xogos de mesa aínda non hai categoría, aínda que podes publicar eventos. Busca o teu caso na páxina de locais e dicímoscho sen rodeos.

E se o meu local xa aparece sen que eu o pedise?

É probable. Wambree parte de datos abertos como OpenStreetMap e, en Madrid, do censo de locais. Ao escribir o teu enderezo ensínache os parecidos: escolles o teu e complétalo, sen duplicar nada.

Quen publica o que sae do meu local?

Unha persoa de Wambree mira cada achega antes de que saia, e ninguén publica o seu. Tampouco ti: tamén os teus cambios pasan esa revisión.

Como corrixo un dato que está mal?

Desde a túa ficha, fila a fila. O cambio pasa a revisión e, mentres, a fila avísate de que está pendente.

Pode alguén facerse pasar polo meu local?

O selo «Mantido polo local» só sae cando unha persoa comprobou que é teu, en persoa, por teléfono ou na túa web. Se ves algo raro, escríbenos.

Pode outra persoa subir fotos ou datos do meu local?

Pode propoñelos quen teña acceso, e pasan a mesma revisión. Se algo non che cadra, escríbenos.

De quen son as fotos que subo?

Teñen que ser túas ou ter permiso de quen as fixo, e decláralo ao subilas. Ao envialas aceptas que se publiquen en Wambree. Se cambias de idea, escríbenos e retiramos as que queiras.

Poden saír clientes nas fotos?

Que non se recoñeza a ninguén. Unha foto con persoas pasa unha revisión á parte antes de publicarse.

Que pasa cos datos que poño?

Publícanse en Wambree, e os básicos (horario, teléfono e web) compártense ademais como datos abertos. Dicímoscho antes de que envíes nada.

Podo poñer o meu teléfono ou o meu Instagram?

Na descrición non van teléfonos, ligazóns nin arrobas. O contacto e a carta teñen a súa fila á parte.

E se pecho ou cambio de horario?

O horario edítase día a día. Se pechaches, indícalo desde a túa ficha e pasa por revisión.

Os teus clientes

Que ves deles, e que nunca.

Verei quen vai vir?

Non. Wambree non lles ensina aos locais os plans nin as persoas dun grupo.

Saberei de onde vén a xente?

Nunca. O punto de saída dunha persoa non chega a ningún local, tampouco cun plan de pago.

Que verei entón?

Hoxe, a túa ficha e o estado do que envías. O panel, que está por chegar, ensina números sumados do que interesa o teu local, nunca de quen.

Pódeme reservar un grupo por aquí?

Non. Wambree axuda a decidir o sitio. Se fai falta reservar, chámante ou entran na túa web, coma hoxe.

Marchar

Por se un día non te convence.

Podo marchar cando queira?

Si. A ficha de balde non ten permanencia: deixas de actualizala ou borras a túa conta.

Que pasa coa miña ficha se borro a conta?

O publicado dun sitio queda, sen o teu nome. O local segue aparecendo cos seus datos abertos.

Podedes quitar o meu local?

Un local que existe pode saír cos seus datos públicos, igual que nun mapa. Se pechaches, márcalo na túa ficha. Para calquera outro caso, escríbenos e vémolo.

Non estou en Madrid, Zaragoza nin Barcelona.

Hoxe Wambree funciona nesas tres cidades. Se estás noutra, escríbenos e apuntámolo, aínda que non che prometemos data.

Menú
PlansApartadosPreguntar
Pregunta

Wambree

Respostas desta web

Que queres saber?

Pregúntame por Wambree ou dime a onde queres ir.

Respostas xa escritas por Wambree. O que escribes non sae deste dispositivo.